GRUPO LECTURA

Seguimos lendo

IMG_6744.jpg

Seguimos lendo e aprendendo, pouco a pouco imos avanzado coas andainas de Leonardo e Antón. O venres pasado como fixo tan bo tempo quedamos fóra; ademais, como os rapaces xa estaban todos xuntos, agrupados, aproveitei a ocasión e puxémonos a ler, a falar, a rir e a pasalo ben. Desta volta a profe Miriam tamén nos acompañou 1F60D, porque xa sabedes…

Cantos máis, mellor2755

Porque ler está ben, xenial! Pero estar cós amigos, eso sí que mola!1F44F

IMG_6761.jpg

Vémonos1F60E

Frida

GRUPO LECTURA

Sesión ao aire libre

Esta semana fixemos a sesión do club de lectura no recreo do mércores, normalmente é os venres pero os rapaces tamén saben flexibilizar…

IMG_6378

A verdade é que o tempo acompañou 1F60E

Xa saberedes que o luns 23 de abril celébrase o Día do Libro, e para ir quecendo os motores as mestras organizaron unha dinamización lectora “Libros de recreo”, e como non perdo comba pois achegueime ata alí a ler un pouco. A idea foi experimental, xa que os nenos non sabían nada. Cada un foise achegando aos distintos recantos, saltando dun para outro… A actividade non era obrigatoria, pero coido que case todos participaron 1F44F1F44F. “Bueno”, a verdade é que os do club foron un pouquiño guiados a participar no recuncho onde estaba o libro de “Leonardo e os fontaneiros”.

É que aínda nos resta moito por ler!1F602

2d82533e-90d5-4701-80b7-cfb4668eec17

Temos que repetir, paseino pipa!

Frida

GRUPO LECTURA

Nova sesión!

IMG_6196

Hoxe tivemos a terceira sesión do club de lectura, a verdade é que estes rapaces son un santiños1F47C, aínda ben non saíran para o recreo e xa fun por eles, e eles veñen, sen dar un chío. Xa sabemos que Antón 1F466ten 14 anos  e moitas cousas moi interesantes… Imos no capítulo III, un pouco máis lentos do que eu esperaba, pero o importante é pasalo ben, lendo, convivindo e aprendendo arredor do libro.

Nesta ocasión, a sesión non puido ser no espazo da biblioteca, desto xa vos falei algo no blog da biblio fridakallas.wordpress.com, pois seguimos sen poder ir  traballar alí. Que se estará cocendo… 1F60F 2754

Coma sempre pasámolo moi ben!

IMG_6205

E xa non vos conto nada máis que vos toleo da cabeza!!!

Deica a próxima!

Frida

 

GRUPO LECTURA

Leonardo e os fontaneiros

IMG_5695

O venres tivemos a segunda sesión do grupo de lectura Fridakallas. Lembramos algunhas cousas da cita anterior e comezamos a ler o libro de Mª Victoria Moreno e… Observando as primeiras reaccións, penso que foi unha boa elección.

Houbo moitas gargalladas.    1F602

Pero tamén tiveron momentos de seriedade, mirade, mirade… Parece que lles gusta, non?

É un pracer ler con eles!

Frida