CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

As viaxes de Gulliver

O club que temos entre tres (Con Eles + IES Castro Alobre + CEE Vilagarcía)  non para. Viaxe para aquí  1F6EB, viaxe para alá 1F6EC. Uns días quedamos no noso cole, outros no insti e outros na Biblioteca Municipal de Vilagarcía. Uns días quedamos para ler images-2, outros para falar hablar_picto_color, outros para ver a peli cine_picto_color do libro que estamos lendo, outros para facer un libro xigante…

Un pouco de todo 2757Como ten que ser 1F4AA

No libro participamos todos os do club e despois, levámolo a encadernar ao taller de reprografía do cole. Que ben nos atenderon 1F609 E que bonito quedou 1F60D:

Agora imos comezar cunha nova aventura… un clásico.

Xa vos contarei… que eu voo por riba deles 1F605

Frida

GRUPO PRELECTURA

Comparto e leo con Frida

8e58fe4c-4963-4d16-9a2d-08e97426e669

Pois si, pois marchei con Pablo, que si, que si, non vos minto… Aínda que non saia na foto 1F4F8 fun con el. E prometo volver. Queda moito que viaxar 1F6EB , moitas casas por coñecer… (nin coronavirus nin coronovirus) Que ben2757

Vaime quedar un álbum ilustrado 1F4D8 precioso 1F60D.

Quen será o seguinte2754

(Que non se acabe nunca)

Frida

GRUPO PRELECTURA

Comparto e leo con Frida

Parece que chega o bo tempo 1F31E2757Sae o sol e con el saio eu. Nesta ocasión non vou moi lonxe, quedo preto da casa 1F3D8, en Vilagarcía. Pero é o mesmo, encántame saír, porque vou cós rapaces 1F60A. Claudia seguro que me trata como a unha señora 1F609.

Vouno pasar en grandeeeee1F60E 2755

Que pasa2754Por que non vén o taxi 2754

b38ed2dd-0edc-4daf-a43f-21aac643f2c4

Frida

CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

Chegou o Nadal!

E no club de lectura “O labirinto” sábenno. E alá fomos, ao IES Castro Alobre, a participar con eles nunha actividade onde non houbo lectura 1F4D6. Pero sí complicidade, axuda 1F609, aprendizaxe, risas 1F60D, agarimos… Cousas que tamén se conseguen coa lectura. Os rapaces de bacharelato, Con Eles e nós. Polo Nadal 1F384.

E todos xuntos fixemos os adornos. Iso si que é un regalo 1F3812757

E despois, igual de xuntiños, decoramos a arbóre 1F384, mirade que cucada:

IMG_2926

E por suposto, foto 2757

IMG_2923

A ver, despois algo tamén lemos eh…

BO NADAL

Frida

GRUPO LECTURA

Estamos aquí

Si, si… Xa estamos aquí2757O club de lectura Fridakallas xa se está reunindo para conversar 1F445, aprender, ollar 1F440, ler 1F4D6. Este curso, o tema das conversas, aprendizaxes, olladas e lecturas é o do noso P.D.I. (Proxecto Documental Integrado); xa sabedes, “Xente de aquí e de acolá”, países, cidadáns, o noso corpo, como somos… Onde vivimos? De onde vimos? Cara onde imos? 1F601 Fóiseme un pouco…

Mirade que libro máis bonito elixiron 1F60D:

Este libro, este.

Un álbum ilustrado para saber onde estamos, para atopar o Norte, para atoparnos, para saber que non estamos sós, para saber que temos un corpo e só un.

Pasa saber que todos somos diferentes. Que no noso planeta 1F30E hai terra, pero tamén hai mar. Que hai día 1F31E, pero tamén hai noite 1F31B.

IMG_2717

Que hai tres cousas importantes na vida, ser amable, ser amable e ser amable.

(Tamén hai quen fala de respecto, consideración e tolerancia 1f937-2640.jpg)

Mirade que cores:

IMG_2716

É bonito ou non é bonito2754Que sorte a dos nosos rapaces!

Frida

CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

24 de outubro: Día das Bibliotecas

img_2367.jpg

O do club este ano foi comezar e xa celebrar, que ben1F389, hoxe tocábanos ir ata a biblioteca municipal de Vilagarcía, e alá fomos. Se chove, que chova 1F302.png2755

Non queríamos quedar sen ver a “Fada Loliña”1F320O certo é que a molladura 1F327.png valeu a pena. Moitas gracias a Mercedes por prepararnos a actividade, nós sempre encantados 1F60Dde ir.

Ata nos dou tempo de visitar unha exposición de Harry Potter 1F4532757
img_2499.jpg

Tede coidado, estaban buscando xente…

Frida

CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

20.000 leguas baixo dos mares e un pouco de poesía

O club de lectura fácil lectura-fácil de tres segue a súa marcha. E o xoves tocou ir ao IES Castro Alobre, e fomos. Nós e os nosos amigos de Con Eles. E como a data era a que era2764levamos unhas galletiñas 1F36A.png :

Coa receita da profe Olalla (a cocinillas do cole) triunfamos2757A ver, tamén houbo lectura, eh!

Que non volo contara pero conseguín que o libro elixido fora sobre o mar 1F30A, todo un clásico.

IMG_9986.JPG

Os rapaces de Con Eles tamén levaron galletas e, con todo, dounos tempo de ler algo de poesía 1F4DC. Que tampouco volo dixera pero encántame 1F60D.

As galletas tamén me encantan, pero iso xa o sabiades 1F60B.

Cada día pasámolo mellor!

Frida

GRUPO LECTURA

“La ola”

9788493618544

Un álbum ilustrado 1F30A precioso que hoxe, os nosos rapaces tiveron a oportunidade de coñecer no club de lectura. Imaxes delicadas que nos levan a orela do mar. A sentir a area nos pés e a escoitalas gaivotas. E a min lévame tamén a unha canción:

1F3B6.png

“Do mar pola orela mireina pasar,

na frente unha estrela no bico un cantar.

E vina tan soia na noite se fin…

¡Que inda recei pola pobre da tola

eu, que non teño quen rece por min!”

UXÍA Rosalía Pequeniña

1f3b6

Tempo de lectura e de diversión, porque xa se sabe, unha cousa leva a outra…1F30A

E veña, a facer a “ola” 1F602 1F602 2757Que ben o pasamos!

Frida

GRUPO LECTURA

Club de lectura: comezamos a ler

E comezou a lectura, cun libriño con poucas palabras  pero con moito sentimento: “En un mismo barco” de Monique Cepeda. Porque todos navegamos nun mesmo barco, un barco que temos que aprender a compartir, coidar e respectar. Onde temos que aprender a tolerar o compañeiro do lado. 1F605 Si, xa sei que é difícil, pero que ben nos vai sentar a todos se o intentamos.

IMG_6306.jpg

Os rapaces ata recibiron a portada do libro como convite para subir á biblioteca! Que boa idea!

Que ben o pasan!

Frida

GRUPO LECTURA

Por fin!

Comezamos co club de lecturaaaaa 1F4D6, este curso imos ler máis libros e máis pequechos. Espero que así os rapaces queden máis satisfeitos, e cunha boa sensación, sensación de éxito asegurado 1F4AA.   E como o noso Proxecto Documental Integrado céntrase no MAR 1F30A.png, pois imos ler sobre as súas historias, a súa vida, os seus piratas, as súas sereas…

Milleiros de aventuras por descubrir e por compartir!

Reunións, encontros, quedadas para experimentar a vida de outros, para imaxinar a nosa, para explorar outros mundos…

para vivir noutros mares2757

Frida