CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

As viaxes de Gulliver

O club que temos entre tres (Con Eles + IES Castro Alobre + CEE Vilagarcía)  non para. Viaxe para aquí  1F6EB, viaxe para alá 1F6EC. Uns días quedamos no noso cole, outros no insti e outros na Biblioteca Municipal de Vilagarcía. Uns días quedamos para ler images-2, outros para falar hablar_picto_color, outros para ver a peli cine_picto_color do libro que estamos lendo, outros para facer un libro xigante…

Un pouco de todo 2757Como ten que ser 1F4AA

No libro participamos todos os do club e despois, levámolo a encadernar ao taller de reprografía do cole. Que ben nos atenderon 1F609 E que bonito quedou 1F60D:

Agora imos comezar cunha nova aventura… un clásico.

Xa vos contarei… que eu voo por riba deles 1F605

Frida

IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO

The very hungry caterpillar

img_8434.jpg

Non, aínda non sei inglés, perooo… Cando se trata de ir escoitar un conto, alá vou! 1F440

“The very hungry caterpillar” ou, o que vén sendo o mesmo, “A euruguiña comellona”, non me defraudou. (A temática xa me gustaba antes de coñecer a historia 1F60A)

Pois iso, que non son a única que enche o bandullo, as eirugas seique tamén lle dan ben. E comendo, comendo vanse aprendendo números, froitas ou os días da semana. Información e vocabulario moi importante cando eres máis pequecho1F466.

Que sorte teñen as eirugas que se converten en bolboretas!

IMG_8432

Son case tan bonitas coma min!

1F61C

Frida

CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

Fin de festa!

IMG_7599

Pois aquí me tendes, ao final fun eh?

Si, si… Hoxe mesmo ás 11:30 estaba na Biblioteca Municipal de Vilagarcía para ver a Cris de Caldas contarnos unha chea de historias, libros e contos preciosos. Contadas de todo o mundo.

Como me divertín!1F602

E coido que os rapaces tamén, a biblio foi unha festa 1F389 1F389 2757Calquera día bótannos, menos mal que foi o último día…

Contos de aquí e de acolá, de amor, de soños e de bolboretas que se converten en flores.

Non perdín ollo 1F4402755

Ademais, os nosos compañeiros de lectura regaláronnos uns xabóns que arreceden de marabilla, gracias “Con Eles”, vémonos o curso que vén.

MOITAS GRACIAS a todos os que fixeron posible este fin de festa!

Frida

CLUB DE LECTURA FÁCIL: "O LABIRINTO"

A volta ao mundo en 80 días

IMG_7530.JPG

A volta ao mundo en 80 días rematou. E rematou ben 1F44F 1F44F 2755

Desta volta no canto de ler os últimos capítulos do libro, deixamos en suspense a nosa aventura para saber o final vendo en familia a película 1F3A5 !

Non faltaron flocos de millo e zume para todos. E que no centro de “Con Eles” trátannos moi ben! MOITAS GRACIAS a todos por recibirnos sempre así e, especialmente a Sandra, por ser a nosa mediadora do club de lectura fácil.

Por moitos anos! 1F61C

Nós tamén lle levamos un pequeno agasallo 1F381, un cariño de agradecemento por compartir con nós lecturas, experiencias e momentos inesquecibles 1F618.

O vindeiro xoves rematamos, todos xuntos, cunha actividade especial…

Terei que ir, ou? 1F60F

Xa vos contarei!

Frida

GRUPO LECTURA

Seguimos lendo

IMG_6744.jpg

Seguimos lendo e aprendendo, pouco a pouco imos avanzado coas andainas de Leonardo e Antón. O venres pasado como fixo tan bo tempo quedamos fóra; ademais, como os rapaces xa estaban todos xuntos, agrupados, aproveitei a ocasión e puxémonos a ler, a falar, a rir e a pasalo ben. Desta volta a profe Miriam tamén nos acompañou 1F60D, porque xa sabedes…

Cantos máis, mellor2755

Porque ler está ben, xenial! Pero estar cós amigos, eso sí que mola!1F44F

IMG_6761.jpg

Vémonos1F60E

Frida

GRUPO PRELECTURA

Comparto e leo con Frida

0ba2d4f8-7c9d-4eaf-a1ed-ec65c9756e5c

Con esta calor 2600 dixen, vou dar unha volta antes de afogar na biblioteca, e seique que pola Estrada estase máis fresco, así que…

Taxiiiiiiiiiiiiiiiiiii 1F6952755

O meu amigo Basilio vive alí, e eu que son moi viaxeira (xa volo levo dito), coñezo ben esa terra. Polo que marcho encantada de poder volver por eses mundos… Que vila máis bonita, verdade?

De seguro que Basi e eu imos pasar uns días marabillosos os dous xuntos. Que aventuras me terá preparadas?1F601

9c580c19-2c05-4057-a3eb-b402d2790f63

Que ben saímos os dous nas fotos!1F44F1F44F

Frida

GRUPO PRELECTURA

Comparto e leo con Frida

IMG_6509

Taratatá tatáaaa! Paseíño de novo! Hoxe fixen a maleta para acompañar ao meu amigo Xián, e case levo unha amiga comigo (Pepita) pero ao final pensouno mellor. Nunca vos falei desta compañeira, non? Pois tamén vive no cole pero na planta de abaixo. Levámonos moi ben e contamos moitos contos, (cando marchan todos, claro 1F61C), un día destes poño unha foto das dúas xuntas. O caso é que a Xián tamén lle cae moi aquelada á Pepita, por iso a invitou… Pero non puido ser 1F60C.

Ao que ía, déixovos unhas fotos para que vexades que contento marchou Xián:

Eu tamén fun contenta, eh?

1F46F Para Sanxenxo vou camiñando…1F46F

Frida

GRUPO LECTURA

Sesión ao aire libre

Esta semana fixemos a sesión do club de lectura no recreo do mércores, normalmente é os venres pero os rapaces tamén saben flexibilizar…

IMG_6378

A verdade é que o tempo acompañou 1F60E

Xa saberedes que o luns 23 de abril celébrase o Día do Libro, e para ir quecendo os motores as mestras organizaron unha dinamización lectora “Libros de recreo”, e como non perdo comba pois achegueime ata alí a ler un pouco. A idea foi experimental, xa que os nenos non sabían nada. Cada un foise achegando aos distintos recantos, saltando dun para outro… A actividade non era obrigatoria, pero coido que case todos participaron 1F44F1F44F. “Bueno”, a verdade é que os do club foron un pouquiño guiados a participar no recuncho onde estaba o libro de “Leonardo e os fontaneiros”.

É que aínda nos resta moito por ler!1F602

2d82533e-90d5-4701-80b7-cfb4668eec17

Temos que repetir, paseino pipa!

Frida

GRUPO PRELECTURA

Comparto e leo con Frida

IMG_6311Hoxe tocoulle a quenda a miña amiga Marta, díxenlle:

– Oes, Marta, podo ir contigo para a túa casa?

 

E alá fun no taxi1F695, a sacar unhas fotiños con ela. No cole tamén saquei algúns retratos, por certo que son ben fotoxénica 1F60A Aiiiiii! Pero se non se me ve! 1F601

En fin, este proxecto vaime levar por moitos lugares, pero non vos preocupedes que eu sei ben a onde pertenzo. Sei cal é o meu fogar, e sempre volverei.

Frida

IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NOVAS

Bágoas debaixo da cama

O sábado, sabadete tiven a oportunidade de asistir á presentación do libro “Bágoas debaixo da cama”Ana Meilán, a autora do libro, fixo unha contada chea de emocións na libraría Pintaletras da Estrada.

Ata alí fun eu voando 1F6EB2755

Foi unha tarde moi gustosa rodeada de libros, xoguetes e nenos. Ademais de desfrutar do bo facer de Ana, aproveitei a oportunidade para recoller novas aprendizaxes que poñer en práctica cós meus queridos rapaces de Vilagarcía.

Se queredes saber máis sobre Ana Meilán e o seu libro, podedes premer no seguinte enlace www.entrenubesycuentos.com, onde podedes atopar material para descargar e facer diferentes actividades con el. Mola eh? 1F60D

img_6264.jpg

Pois xa sabedes, a traballar!!! Eu seguro que lles conto o conto aos rapaces un día destes…   Un día que teña tempo, ou que eles non teñan nada programado ou… A saber!1F602

E que non temos parada!

Frida