O PRIMEIRO DÍA

Comezamos!!!

Nesta semana celebramos as primeiras sesións do club de lectura Fridakallas. O xoves tocoulles ao grupo de prelectura. Estivemos traballando unha pequena copla tradicional sobre o Entroido, (un pouco adaptada):

O Entroido imos festexar
filloas e orellas comeremos a fartar.

Moitos disfraces faremos,
que ben o imos pasar.

Os rapaces portáronse moi ben. Fiquei ben contenta!

E hoxe venres, foi a quenda do grupo de lectura, nun ambiente bastante animado falamos do que é un club de lectura, de como se chamaba o noso club e das actividades que íamos facer. Tamén presentamos o libro protagonista deste curso “Leonardo e os fontaneiros” e a súa escritora, Mª Victoria Moreno. Amais, repartíronse uns diarios de lectura individualizados, uns cartafois de cores, onde cada membro do grupo gardará a súa documentación. A verdade e que foi un tempo ben agradable!

Ao final das dúas sesións todo o alumnado participante recibiu un pequeno agasallo de apertura do club. Unha pequena letra de madeira coa inicial do seu nome que non defraudou.

IMG_5356

Deica as próximas sesións!

A ver que se me ocorre para animar a esta rapazada!

Frida